Información sobre a casa: O Grupo de xogos


Por diversos motivos non se fixera ata agora pública a través deste blogue a existencia dun grupo dentro da casa e da actividade do centro social que nos enche de vida e de forza, e ademáis, de orgullo.

Este grupo é o grupo de xogos, e está constituído por nais, pais, cativxs e bebés, e reúnense todos os mércores á tarde nunha das numerosas habitacións da casa; esta en concreto habilitada por elxs mesmxs de xeito que o espazo é seguro, agradable e bonito para que xs cativxs e xs adultxs xoguen tranquila e libremente.

Este colectivo ten coma obxetivo a reunión das diferentes familias que conforman o colectivo, compartindo experiencias e vivencias, e creando, de xeito totalmente autoxestionado, antiautoritario e antixerárquico, unha alternativa viva na que se podan facer reais as súas inquedanzas de que as súas crianzas podan crecer nun entorno máis libre e igualitario, fóra das diferentes dinámicas sexistas, autoritarias e represoras nas que están a crecer hoxe en día.

Para todas aquelas persoas, en concreto nais, pais, ou familias que queran saber máis sobre o proxecto, así coma poñerse en contacto con este grupo de xogos, deixámosvos  por aquí a información necesaria:

No sitio poderedes topar información sobre as diferentes actividades que o grupo leva a cabo coma colectivo, e ademáis toparedes varias cousas moi interesantes sobre o seu xeito de xestionarse, e que serán útiles para aquelas persoas ás que vos interese participar xogando coas vosas crianzas.

En fin, todos os mércores á tarde e xa dende hai uns meses, o CSOA Palavea énchese de vida e de alternativa de futuro.

Acude e difunde!

E non dubides en poñerte en contacto connosco se tes algunha información ou documentación que poda ser útil (vídeos, fotos…) para encher esta sección con información sobre a casa.

Deixar un comentario