Actualizamos no noso blogue o cartaz das actividades permanentes para que todxs aquelxs que non asistiran antes ós obradoiros, que non o fagan por falta de información!
Temos unha casa CHEA de actividades practicamente todos os días da semana, un gran espazo, mestras e mestres de excepción, e moito ánimo.
Non dubides en pasar por calquera dos obradoiros ou actividades que se publicitan neste ou noutros cartaces, non hai que avisar, nin inscribirse, simplemente pásate sen ningún compromiso e disfruta das actividades, gratuítas, ofertadas polo centro social.
Sobre isto habería que engadir que as actividades de barro e teatro están en fase de reestructuración.
Da mesma maneira estase a artellar un novo obradoiro de guitarra, a través dun compañeiro guitarrista disposto a ofrecelo.
Se algún de vos está interesadx nalgún destes tres obradoiros (barro, teatro, guitarra), pregámosvos que enviedes un correo a okupacorunha@gmail.com expresando voso interese, de tal maneira que podamos facer novos grupos mellor estructurados e xestionar dunha maneira máis eficaz estes tres obradoiros en concreto.
Con respecto ás cancelacións:
- Teatro e barro: como xa se expuxo neste mesmo post, están en fase de reestructuración, asique se retomarán cando haxa novos grupos feitos (informaremos persoalmente ás persoas que se poñan en contacto connosco así como públicamente vía blogue e listas de correo)
- Concerto Tren go Sound System: non poderá ter lugar o sábado 31, informarémosvos de novas datas se tiveran lugar.
- Ioga: o obradoiro de Ioga non terá lugar o luns 2, pero continuará con total normalidade despois de semana santa.
- Obradoiro de plásticas: a xente do obradoiro de plásticas anuncia á casa que fará un pequeno parón durante un par de semanas, para descansar, e tamén para mellorar os seus contidos. (correo–> artespalavea@mixmail.com)
Novidades e recordatorio: gran xornada de venres experimental, cultural, subversivo, gore, psicodélico…
- 19:00 –> Presentación libro de poesia Tu Piedra Mojada por Brais Ocampo –> http://www.myspace.com/braisocampo#!/braisocampo/blog
- 21:00 –> Ceador vegano
- 22:00 –> Proxección da película alemana Begotten con música experimental en directo
- 23:00 –> Concerto Koroiev [Experimental/Rock Progresive]
Neste post –> http://okupacorunha.wordpress.com/2012/03/26/venres30-begotten-koroiev/ toparás toda a información necesaria sobre Begotten e Koroiev (fotos, audio, crítica da película…)
Non faltes!
A xornada do venres vai ser imprescindible!
E non dubides en acudir calquera día ós obradoiros, actividades e asambleas, o espazo é libre e aberto, e está agardando por ti.











