COMUNICADO DA ASAMBLEA DO CSOA PALAVEA


COMUNICADO DA ASAMBLEA DO CSOA PALAVEA

A asamblea do Centro Social Okupado de Palavea, ante a expectación esperatada polo mandato xudicial para abandoar a okupa antes do pasado 19 de Xaneiro, quere facer público o seguinte comunicado:

Primeiro dicir que, evidentemente, transgredimos o mandato da xuiza e continuamos realizando as actividades públicas que dan sentido a nosa okupación. Lamentablemente, o feito de poñer en lugar seguro gran parte do material da casa, unido aos preparativos para o desaloxo obligáronnos a recortar ostensiblemente a programación, axustando os horarios de apertura únicamente as actividades previstas.
Segundo, e quizais máis importante para satisfacer a curiosidade dos solidarios, que o desaloxo (ou, máis propiamente falando , desafiuzamento, posto que é un proceso civil) atópase momentáneamente paralizado debido a un recurso de nulidade prantexado na Audiencia Provincial. Esto, de seguir os cauces habituais nestes casos, podería deixar un marxe de un par de meses ou máis de relativa tranquilidade antes de coñecer o fallo. De todolos xeitos isto non é máis que un aprazamento transitorio que non fai se non dilatar un pouco máis a espera antes do inminente desaloxo.
Por todo isto convidamos aos rebeldes e solidari@s a permanecer atentos, posto que seguimos dispostos a loitar polas conquistas do pobo autoorganizado frente e a especulación capitalista; así como a resistir de xeito insumiso contra os envites da represión e da autoridade. O C.S.O.Palavea é e foi un espazo aberto a autoxestión e o desenrolo dos movementos sociais coruñeses así como de todolos espíritus disidentes e libertarios, e tod@s xunt@s imolo defender das poutas do capital.
O C.S.O. Palavea non se desaloxa!!!
Contra a especulación, okupación!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: