Archive for the actividades 2011 Category

Manifestación en repulsa polo desaloxo do CSOA Palavea

Posted in actividades 2011 with tags on 28 Marzo, 2014 by CSOA Palavea

Desaloxado o C.S.O. Palavea

Hoxe, martes 25 de marzo, un desmesurado dispositivo policial desaloxaba o Centro Social Okupado de Palavea. Decenas de furgonetas de antidisturbios, apoiadas por coches da guardia civil, asaltaban ás 7:30 da mañá o inmoble dando fin a case tres anos de autoxestión, compromiso e rebeldía. No momento do desaloxo únicamente durmia no lugar unha persoa, unha muller desafiuzada poucos meses antes da súa vivenda e que, abandonada polas institucións, atopara acubillo no noso Centro Social.

O pasado luns 17 rematara o prazo concedido polo xulgado para abandoar o edificio pero, pese ao específico da sentenza, a policía preferiu desgastar aos resistentes durante máis dunha semana antes de executar a orde.

Tras varios anos de rebelde existenza, finalmente conseguiron acabar coa inmensa insolencia que supón a existenza dun espazo liberado das poutas do capiatalismo e da xerarqía para devolvelo ao redil do mercado.

Pero, como prometéramos, as súas agresións terán resposta nas rúas:

-E este sábado, 29 de marzo, Mobilización de Protesta contra o desaloxo do C.S.O. Palavea e en defensa dos espazos liberados ás 19:00h tamén diante do Obelisco.

Porque os espazos liberados son ferramentas de transformación social coas que combater o sistema de dominación. Vémonos nas rúas!!

DEZ, CEN, MIL CENTROS SOCIAIS

UN DESALOXO OUTRA OKUPACIÓN!!!

Imaxe

Advertisements

Comunicado do CSOA Palavea sobre as últimas novas relativas ao desaloxo do centro social

Posted in actividades 2011 on 20 Marzo, 2014 by CSOA Palavea
 Dende a asemblea do Centro Social Okupado de Palavea queremos agradecer a tod@s @s solidari@s que o pasado luns viñeron a resistir connosco a orde de desaloxo a súa cariñosa e disidente presenza xunto a nós. Pois foi tod@s xunt@s como conseguimos visibilizar a desesperada situación xudicial da okupa, cortando en reiteradas ocasións o tráfico da N-550 e obrigando a policía nacional e a garda civil a despregar tal desmesurado dispositivo que ata mobilizaron un helicóptero.
Non obstante semella que as intencións policiacas pasan por xogar ao xogo do desgaste, ignorando momentaneamente o mandato xudicial que os cominaba a actuar o pasado luns para realizar un desaloxo sorpresa cando menos o esperemos.
Dende a asemblea do C.S.O. continuaremos desobedecendo as leis e sentenzas lacaias dos intereses d@s ric@s e poderos@s e seguiremos resistindo por este e por todos os espazos liberados.
Atentos a próximas convocatorias, pois o noso desaloxo terá resposta nas rúas.
OKUPAMOS E RESISTIMOS!!!
CONTRA AS AGRESIÓNS DO CAPITAL, GUERRA SOCIAL!!!

Xornadas de resistencia no CSOA Palavea

Posted in actividades 2011 on 12 Marzo, 2014 by CSOA Palavea

XORNADAS RESISTENCIA II the revenge

SABADO 22 DE FEBREIRO NOITE DA DESOBEDIENCIA NO CSOA PALAVEA

Posted in actividades 2011, FEBREIRO 2014 on 20 Febreiro, 2014 by CSOA Palavea

SABADO 22 DE FEBREIRO NOITE DA DESOBEDIENCIA NO CSOA PALAVEA

CARTAZ DA CONVOCATORIA DA CONCENTRACION DO 20 NOVEMBRO 2013

Posted in actividades 2011, Actividades Novembro on 14 Novembro, 2013 by CSOA Palavea

CARTAZ DA CONVOCATORIA DA CONCENTRACION DO 20 NOVEMBRO 2013

ACUDE E DIFUNDE!

ACTIVIDADES DE NOVEMBRO

Posted in actividades 2011, Actividades Novembro on 14 Novembro, 2013 by CSOA Palavea

ACTIVIDADES DE NOVEMBRO

Charla Miquel Amoros Xoves 31 19:00

Posted in actividades 2011 on 21 Outubro, 2013 by CSOA Palavea

Charla Miquel Amoros Xoves 31 19:00