Archive for the FEBREIRO 2014 Category

XORNADAS DE RESISTENCIA!!

Posted in FEBREIRO 2014 on 6 Marzo, 2014 by CSOA Palavea

Dende a asamblea do C.S.O. Palavea e ante a inminencia dun posible desaloxo querémosvos convidar ás Xornadas de Resistencia que darán comezo este venres 7 e que se prolongarán ata a próxima fin de semana.

Índa quedan multitude de actividades sen anunciar e algunhas están suxeitas a cambios, iremos subindo a información, así que estade atentxs ao blogue e ao facebook!

XORNADAS RESISTENCIA web

Polo momento:

Venres 7:

21.00h – Ceador
22.00h – Concertos:
-Folkolicos
-La Patxaranga

Sabado 8:

12:00h – Campionato de Tiracroios + Xogos de Resistencia
14:00h – Xantador
17:00h – Mesa Redonda: Centros Sociais Okupados [Presentación de Proxectos]
21:00h – Ceador
22:00h – Timba Poética
23:00h – Concertos:
-Adán y Eva
-Bitxo Bola
-Grupo Sorpresa

ACUDE E DIFUNDE!
UN DESALOXO, OUTRA OKUPACIÓN!

SABADO 22 DE FEBREIRO NOITE DA DESOBEDIENCIA NO CSOA PALAVEA

Posted in actividades 2011, FEBREIRO 2014 on 20 Febreiro, 2014 by CSOA Palavea

SABADO 22 DE FEBREIRO NOITE DA DESOBEDIENCIA NO CSOA PALAVEA

COMUNICADO DA ASAMBLEA DO CSOA PALAVEA

Posted in FEBREIRO 2014 on 9 Febreiro, 2014 by CSOA Palavea

COMUNICADO DA ASAMBLEA DO CSOA PALAVEA

A asamblea do Centro Social Okupado de Palavea, ante a expectación esperatada polo mandato xudicial para abandoar a okupa antes do pasado 19 de Xaneiro, quere facer público o seguinte comunicado:

Primeiro dicir que, evidentemente, transgredimos o mandato da xuiza e continuamos realizando as actividades públicas que dan sentido a nosa okupación. Lamentablemente, o feito de poñer en lugar seguro gran parte do material da casa, unido aos preparativos para o desaloxo obligáronnos a recortar ostensiblemente a programación, axustando os horarios de apertura únicamente as actividades previstas.
Segundo, e quizais máis importante para satisfacer a curiosidade dos solidarios, que o desaloxo (ou, máis propiamente falando , desafiuzamento, posto que é un proceso civil) atópase momentáneamente paralizado debido a un recurso de nulidade prantexado na Audiencia Provincial. Esto, de seguir os cauces habituais nestes casos, podería deixar un marxe de un par de meses ou máis de relativa tranquilidade antes de coñecer o fallo. De todolos xeitos isto non é máis que un aprazamento transitorio que non fai se non dilatar un pouco máis a espera antes do inminente desaloxo.
Por todo isto convidamos aos rebeldes e solidari@s a permanecer atentos, posto que seguimos dispostos a loitar polas conquistas do pobo autoorganizado frente e a especulación capitalista; así como a resistir de xeito insumiso contra os envites da represión e da autoridade. O C.S.O.Palavea é e foi un espazo aberto a autoxestión e o desenrolo dos movementos sociais coruñeses así como de todolos espíritus disidentes e libertarios, e tod@s xunt@s imolo defender das poutas do capital.
O C.S.O. Palavea non se desaloxa!!!
Contra a especulación, okupación!!!