Aviso de cancelación da charla de hoxe + reunión do banco de tempo [Domingo 3]


Poñemos á vosa disposición toda a información sobre as actividades que terán lugar no centro social estes próximos días:

  • Lamentamos comunicar que tivo que ser cancelada no último momento a charla prevista para hoxe, venres 1, sobre a realidade carcelaria no estado español nas últimas décadas, a causa de importantes problemas de saúde do ponente.

Dende aquí mandámoslle todo o apoio e o ánimo para que se recupere pronto e poda vir proximamente a retomalo.

  • Domingo 3: Reunión do banco de tempo:
  • ás 14:00–> xantar vegán autoxestionado. Traede para compartir!
  • ás 16:00–> charla dunha compañeira da Rede de Troco (que por certo terá lugar mañá sábado 2 no Agra, preto das conchiñas, de 12:00 a 14:00)
  • Despois–> proxección do documental “la doble cara de la moneda”
  • Trala proxección–> debatirase o proxecto de banco de tempo que se está a montar, para depender o menos posible do capital axudándonos unxs xs outrxs.

¿Non sabes o que é un banco de tempo nin a rede de troco e dache reparo acercarte? Aquí a entrada da wikipedia na que se explica o que é, en xeral, un banco de tempo (en castelán) –> http://es.wikipedia.org/wiki/Banco_de_tiempo e aquí algo de información sobre a rede de troco –> http://monedascomplementarias.pbworks.com/w/page/10179704/Rede%20de%20Troco%20da%20Corunha#Introdución , non teñas reparo, achégate e comparte ese tempo que sempre quixeches adicar a nconstruir unhas relacións humanas, sociais e económicas máis xustas!

  • Ademáis:
    • O luns 4 non haberá obradoiro de Ioga. Despois continuará de xeito totalmente normal.
    • A xornada de hortas dos mércores pola tarde queda, de momento, cancelada, por incompatibilidade de horarios da persoa que estaba xestionándoo. Sen embargo iso non significa que a horta deixe de funcionar; todo o contrario. Se algunha persoa está intesada en continuar con este día ou ten algún tipo de inquietude con respecto a isto, animámosvos a que vos pasedes calquera día pola casa a curiosear (sen medo!!) ou que escribades a hortapalavea@gmail.com.
    • Dentro de pouquiño (asique se rematen de concretar certas actividades) saíra o programa de actividades deste mes, pero estamos a piques de anunciarvos un gran número de actividades, así coma novos obradoiros e talleres.

Acude e difunde!

Deixar un comentario