Lembrete: Zan Hoffman e novo cartaz de actividades deste mes de Outubro!


Por fin tenemos cartaz coas actividades do mes, como adoitábamos facer antes do parón.

De primeiro gostaríamos de lembrarvos que hoxe xoves 4 hai en Palavea un par de interesantes eventos:

 

Este sábado 6: concerto de Zan Hoffman!! –> http://corunha.info/node/712

 

Nom podedes faltar!! Lembramos, ademais, que antes e durante concerto haberá ceador  para todas aquelas persoas que queran vir a pasar un ratiño agradabel antes do concerto e que veñan con algo de famiña!

Vos deixamos, por último, o cartaz de actividades deste mes, para que vaiades abrindo boca con el.

Vos lembramos que este cartaz está suxeito a modificacións e sobre todo a adicións de actividades, que trataremos nese caso de anunciar tan pronto como sea posibel a través deste blogue; mais consideramos que é importante que teñades xa unha visión global das actividades que se levarán a cabo na casa para que podades ir planificando cando, como e canto vos apetece participar.

 

Aproveitamos tamén para comunicar que a semana que ven, o oito de outobro ás oito comezan as clases de inglés, xusto antes da asamblea da casa.

Acude e difunde!!

Unha resposta to “Lembrete: Zan Hoffman e novo cartaz de actividades deste mes de Outubro!”

  1. Segue en pe as clases de ingles? E de yoga? Un saudo!

Deixar un comentario