Anuncios, novidades e vindeiros obradoiros
- Anunciámosvos que mañá luns 8 terá lugar a primeira clase do taller de inglés e comezará o ás oito da tarde. Aconsellamos a todxs xs interesadxs que veñan a esta primeira clase, xa que acordarase co profesor as condicións da clase. Esíxese seriedade e puntualidade. Animádevos!
- Lembramos que todos os mércores hai xantador vegano propesos, ás 15.00.
- Vos comentamos que este xoves ás 20.00 terá lugar unha nova asamblea de coordinación dos movementos sociais corunheses.
- Tamén estamos contentas de anunciar que hai unha serie de obradoiros propostos para os vindeiros meses, mais precisamos saber se hai xente interesada en darlles vida, acudir e participar. Xa sabedes que si estades interesadxs só tendes que escribir un comentario neste blogue ou mandar un correio a okupacorunha@gmail.com. Estes obradoiros son os seguintes:
- os sábados cociña vegana
- taller de manualidades (día por concretar)
- Por último vos deixamos por aquí cartaz das xornadas de antipsiquatría que terán lugar esta fin de semana, os días 12 e 13 de outubro. Volo lembraremos igualmente esta semana e daremos máis info
Acude e difunde!
7 Outubro, 2012 ás 18:34
Eu estou interesado no obradoiro vegano!
7 Outubro, 2012 ás 19:54
Estupendo! Dámonos por enteradas e nos quedamos co teu contacto!
Bicos
7 Outubro, 2012 ás 20:01
pois máis bicos de volta!
15 Outubro, 2012 ás 13:24
Hola! segue en pé as clases de inglés? e de yoga? un saúdo!
15 Outubro, 2012 ás 15:33
Ola Daniela!
As clases de ioga aínda non teñen data, mais en canto se saiba con seguridade cando pode voltar a dalas a profesora, e en que horario, volo comunicaremos a través do blogue.
Con respecto ao das clases de inglés, a primeira foi o luns pasado, non sei demasiado ben como quedou o profesor cos alumnos mais tamén, en canto se saiba algo, comunicarémolo a través do blogue ou, en ultimo caso póñome en contacto contigo directamente.
Apertas!!
15 Outubro, 2012 ás 16:18
Vale, moitas gracias por avisar!saudos!
15 Outubro, 2012 ás 23:41
Ok, espero que todo quede contestado!!
Apertas