Anuncios, novidades e vindeiros obradoiros


  • Anunciámosvos que mañá luns 8 terá lugar a primeira clase do taller de inglés e comezará o ás oito da tarde. Aconsellamos a todxs xs interesadxs que veñan a esta primeira clase, xa que acordarase co profesor as condicións da clase. Esíxese seriedade e puntualidade. Animádevos!
  • Lembramos que todos os mércores hai xantador vegano propesos, ás 15.00.
  • Vos comentamos que este xoves ás 20.00 terá lugar unha nova asamblea de coordinación dos movementos sociais corunheses.
  • Tamén estamos contentas de anunciar que hai unha serie de obradoiros propostos para os vindeiros meses, mais precisamos saber se hai xente interesada en darlles vida, acudir e participar. Xa sabedes que si estades interesadxs só tendes que escribir un comentario neste blogue ou mandar un correio a okupacorunha@gmail.com. Estes obradoiros son os seguintes:
  • os sábados cociña vegana
  • taller de manualidades (día por concretar)
  • Por último vos deixamos por aquí cartaz das xornadas de antipsiquatría que terán lugar esta fin de semana, os días 12 e 13 de outubro. Volo lembraremos igualmente esta semana e daremos máis info

 

Acude e difunde!

7 Respostas to “Anuncios, novidades e vindeiros obradoiros”

  1. Eu estou interesado no obradoiro vegano!

  2. Estupendo! Dámonos por enteradas e nos quedamos co teu contacto!
    Bicos

  3. Hola! segue en pé as clases de inglés? e de yoga? un saúdo!

    • CSOA Palavea Says:

      Ola Daniela!
      As clases de ioga aínda non teñen data, mais en canto se saiba con seguridade cando pode voltar a dalas a profesora, e en que horario, volo comunicaremos a través do blogue.
      Con respecto ao das clases de inglés, a primeira foi o luns pasado, non sei demasiado ben como quedou o profesor cos alumnos mais tamén, en canto se saiba algo, comunicarémolo a través do blogue ou, en ultimo caso póñome en contacto contigo directamente.
      Apertas!!

Deixar un comentario